Km Pinarium

DARSE DE ALTA NO KM PINARIUM
Para darse de alta no Km Pinarium preme aquí.
Para ver clasificación preme aqui.
Para insertar os teus resultados preme aqui.

REGULAMENTO KM PINARIUM


¿Qué e “Km Pinarium”?
Gañará o “KM Pinarium” aquel corredor que faga máis PUNTOS en probas de atletismo, duatlon, triatlon, senderismo, natación e montaña tanto populares como federadas,  e poida xustificar oficialmente que rematou cada proba como membro de Club Deportivo Pinarium.

Datas de comezo e fin de “Km Pinarium
Comezará o día despois da celebración da Carreira Pinga-Pinga do ano en cuestión e irá ata a semana anterior a celebración Carreira Pinga-Pinga do seguinte ano.

Anótate no “Km Pinarium
A única condición para participar no Km Pinarium e a de pertencer a Club Deportivo Pinarium, o cal se poderá facer ou ben dandose de alta na un mesmo na páxina web do km pinarium ou
enviando un correo electrónico a dirección diego.gonzalez@pinarium.com (presidente do club), a xenosilve@hotmail.com (Jose Omil Iglesias - Director Financieiro do Club e Responsable Sección Atletismo) ou a corbaceiras@hotmail.com (Marcos Reissman - Director Técnico do Club Deportivo Pinarium e Responsable da Sección de Triatlón Duatlón) cos datos:
-       Nome e Apelidos.
-       DNI
-       Correo electrónico
- Contrasinal desexado
Nota: Recoméndase darse de alta un mesmo para que os dados sexan totalmente confidenciais e cada
cal saiba o seu contrasinal

Equipación para correr o “Km Pinarium
Para correr as carreiras como representante do Club Deportivo Pinarium terase que lucir a camiseta ou tritraxe do Club. En caso de non dispor de dita camiseta ha de especificarse no correo diego.gonzalez@pinarium.com , xenosilve@hotmail.com ou corbaceiras@hotmail.com a hora de enviar os datos persoais.

¿Cómo se envían as carreiras para poder ir sumando?
As carreiras poderanse enviar nesta mesma páxina web escollendo simplemente o nome da carreira e insertando o posto na mesma.

¿Como se calcula a puntuación do Km Pinarium?
Despois de darlle moitas voltas e facer sucesivas iteracions, conseguimos facer a fórmula que nos pareceu máis xusta tanto para o club coma para o corredor.

Así a fórmula a aplicar será:

PUNTOS (Km Pinarium) = [150-((Posto x 100)/nºparticipantes)] x (Puntuación da Carreira / 100) donde:

A puntuacián da carreira será:

- Andainas = 5 puntos
- Probas populares (carreiras a pé, en bicicleta, travesias a nado) = 10 puntos
- Probas Federadas (carreiras a pé, en bicicleta, travesias a nado) = 25 puntos
- Probas Federadas de Pista (en caso de participar en varias probas puntuará soamente unha delas) = 25 puntos
- Maratons populares, Medias maratons populares e probas por montaña populares a pé de máis de 15 km = 25 puntos
- Campionatos Galegos = 35 puntos
- Maratons fora da nosa comunidad e autónoma= 35 puntos
- Triatlon de media distancia= 35 puntos
- Campionatos de España Grupos de Idade = 40 puntos
- Campionatos de España Elite = 50 puntos
- Campionatos de Europa Grupos de Idade = 50 puntos
- Campionatos de Europa Elite = 100 puntos
- Campionatos do Mundo Grupos de Idade = 60 puntos
- Campionatos do Mundo Elite = 200 puntos

Naquelas probas nas que a organización non saque clasificación oficiosa otorgarase 7,5 puntos a tódolos participantes indistintamente do posto na carreira, exceptuando as andainas que terán sempre puntuación de 5 puntos.

Premios a dar aos  gañadores e gañadoras do “Km Pinarium
O premio o gañador ou gañadora de Km Pinarium será o mesmo trofeo (edición limitada) só o alcance do 1º e da 1ª clasificada da carreira Absoluta Pinga-Pinga

Conclusión
Gañará o “Km Pinarium” non o corredor que quede mellor nas carreiras (a posición puntua moi pouco), senón aquel corredor que participe en máis carreiras como membro de Club Deportivo Pinarium o longo da tempada. Para poder contabilizar os puntos terá que rematar a proba. 

Nota Importante
Terán máis posibilidades de conseguir  a victoria aqueles corredores que teñan licencia Federativa, pois poderán participar nas probas de caracter federado e cptos Galegos de calquiera modalidade que teñen un valor de 25 e 35 puntos respectivamente, tendo en conta que no noso club será moi dificil que ninguén acoda a Cptos de España, Europeos ou Mundiales. Inda así e debido as estatísticas dos anteriores terán moitas posibilidades aqueles membros de club deportivo pinarium que participen nun maior número de carreiras.

¡¡¡ Sorte a todos e que gañe o mellor e máis compañeiro ¡¡¡


Clasificación km Pinarium 2017

1º   Manuel Sobral............................1178 puntos
2º   Miguel Iglesias Amores...............1169 puntos
3º   Manuel Lorenzo López.................855 puntos

Clasificación km Pinarium 2016

1º   Manuel Lorenzo López..................1300 puntos
2º   Manuel Sobral...............................1001 puntos
3º   José M. Omil Iglesias......................769 puntos
Clasificación km Pinarium 2015

1º   José M. Omil Iglesias..................XXXX puntos
2º   Javier Rivas.................................XXXX puntos
3º   Antonio Carballal González..........XXXX puntos


Clasificación km Pinarium 2014

1º   Ramón Silva López..................1146 puntos
2º   José M. Omil Iglesias...............1056 puntos
3º   Antonio Carballal González........907 puntos


Clasificación km Pinarium 2013

1º   Iago Morenza Perez................658 puntos
2º   José M. Omil Iglesias..............519 puntos
3º   Xurxo F. Rodal Vidal..............445 puntos

Clasificación km Pinarium 2012

1º   Guillermo Silva Fuentes...........707 km 
2º   Alberto Cidras Santomé..........443 km
3º   José Omil Iglesias....................374 km

Clasificación Km Pinarium 2011

1º Guillermo Silva Fuentes..............412 km
2º Francisco José García Soage......310 km
3º Diego González Martínez............180 km