Santomé

Santo Tomé de Piñeiro é una parroquia do Concello de Marín, Provincia de Pontevedra.
O máis destacado desta parroquia é a súa igrexa románica, que data do século XIII. Tamén destaca una gran cantidade de muiños, dos cales algúns aínda siguen en funcionamento, e una gran riqueza arqueolóxica representada na Ruta das Mámoas, que une o Lago de Castiñeiras con Chan da Arquiña.

A parroquia conta ademáis cunha Casa da Cultura na que se concentra gran cantidade de actividades, pois existe una gran actividades social levada a cabo por diversas asociación culturais como son a Asociación Cultural Santomé, Asociación Cultural Conto Contigo e a Asociación Cultural Xuventude de Piñeiro.

Ademáis das Verbenas populares, entre as festas da parroquia destaca a Festa da Mazá e da Sidra, que se celebra anualmente despois do verán, coincidindo coa Carreira PINGA-PINGA.
A ruta de senderismo GR59 pasa por San Tomé. Este é un sendeiro que une Cabo Home coa desembocadura do Río Loira e percorre gran parte dos atractivos artísticos, arqueolóxicos e naturais dos que conta a parroquia.

A Sociedade Deportiva Santomé, club de fútbol que xoga no campo “Chan de Piñeiro” (lugar de do comezo e remate de Carreira PINGA-PINGA, ademáis da Festa da Sidra), é o outro club deportivo que xunto con Pinarium se encarga do fomento do deporte.