Regulamento da carreira



PINGA-PINGA 2016

Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a terceira edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada no Campo de Fútbol da Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO 

 
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.

Normativa:


A) A saída darase nas proximidades do recinto da Festa da Sidra e da Mazá, ao igual ca chegada.

B) A clasificación será absoluta.

C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización.

D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta
norma suporá a eliminación do atleta acompañado.

E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.

H) TODOS OS CORREDORES DEBERAN ENTREGAR O CHIP Ó FINALIZAR A PROBA.

I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.

K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba. 


2.- HORARIOS E LUGARES. 

 
Data: sábado, 5 de Outubro de 2016
Lugar: Campo de Fútbol S.D SANTOMÉ- San Tomé de Piñeiro (Marín)

CATEGORIAS

MENORES: 


  • Menores A:
Hora: 16:10
Idade: Benxamín = 2007/2008
Percorrido: 500 m aprox. -
(2 voltas campo fútbol)
 

  • Menores B:
Hora: 16:20
Idade: Alevín = 2005/2006
Percorrido: 750 m aprox. -
(3 voltas campo fútbol)

  • Menores C:
Hora: 16:30
Idade: = Infantil/Cadete 2001/2004
Percorrido: 2.000 m – (unha volta pequena)
 

  • CHUPETES/PITUFOS
Hora: 16:50h
Idade: Chupetes: nados no 2012 e posteriores - (
100 m aprox.)
Pitufos: nados no 2009-2010-2011 - (250mts aprox.)

MAIORES (CATEGORIA RAIÑA): 

 
Hora: 17:00h
Percorrido: 8.000m – tres voltas.
Idade: a partir de 15 anos.

  • Xuvenil, Junior e Promesa 1991/2000
  • Senior 1993 e anteriores (ata veteranos)
  • Veteranos A: De 35 a 49 anos
  • Veteranos B: De 50 a 59 anosVeteranos C: A partir de 60 anos

3.- INSCRICIÓNS:
 

CHUPETES E MENORES: O mesmo día da proba ou mediante o formulario que se abilitará na web www.cronotec.es (recomendable).
 

 MAIORES: www.cronotec.es encargarase das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta (Categoría Raíña).

A INSCRIPCIÓN DA CARREIRA "ABSOLUTA" ESTÁ A 4 € ATA O 5 OUTUBRO. PECHARASE O 5 DE OUTUBRO OU CANDO SE CHEGUEN OS 300 INSCRITOS.

4.- PERCORRIDO:
 

PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)

PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas= 7,2 kms).


5.- PREMIOS:
 

CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3
primeiros da categoría absoluta.

Trofeo ao clube con máis participantes na absoluta. Non parcipa o clube organizador “C.D. Pinarium”
Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:


ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS
 

Agasallo para os 300 primeiros inscritos na categoría absoluta e medallas para os máis pequenos.

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM e CONCELLO DE MARÍN en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro, Frutas Sol, Pontevedraviva, Diario de Pontevedra.


Dosier de carreira