O club

O Club Deportivo Pinarium créase legalmente en Maio de 2010, coa constitución dunha Xunta directiva abalada pola correspondente acta fundacional e os seus estatutos.

A idea de facer unha carreira, alenta a creación deste club para que a parroquia de San Tomé de Piñeiro poida ampliar a súa oferta deportiva, dala a coñecer e compartila con outras localidades . A xunta confórmana un grupo de amigos que detectan un intenso grosor de actividades culturais na parroquia pero unha ausencia manifesta de eventos deportivos, agás os realizados no aspecto futbolístico pola S.D. Santomé.

Na lugar tamén destaca o importante número de membros do club e non membros que non só practican deporte ao longo do ano senón que participan en carreiras de importante releve no panorama galego e estatal. Ademais a día de hoxe non hai ningunha carreira importante na zona polo que isto fai máis significativo e o ambicioso o proxecto.

Denominamos a carreira co nome de Pinga-Pinga por ser o nome dunha das fontes existentes na parroquia e estar situada no definido trazado da competición. Ademais, a etimoloxía do nome dá lugar a unha longa variedade de interpretacións representativas non só da proba senón tamén do contexto psico-social das xentes e paisaxes do lugar.

Conscientes de que unha carreira destas condicións permitiría a participación de todos os amantes do deporte: mulleres, homes, nenos; xente do lugar e xente de fora; deportistas de elite e afeccionados… establécense as bases para a confección do evento deportivo.

Se desexas facerte socio ¡Contacta con nos!


diego.gonzalez@pinarium.com