mércores, 7 de maio de 2014

A SEGUNDA PROBA DO CIRCUITO DE CARREIRAS DE PONTEVEDRA TIVO COR VERDE PINARIUM

Este ano, ao igual que sucedera o ano pasado, Club Deportivo Pinarium fixo sua a vila de Pontevedra e máis concretamente Monteporreiro, pois varios dos seus integrantes participaron nesta proba acadando algúns deles podiums de importancia. Así, Jorge Janeiro acadaría a victoria en Categoría Veterano A e demostra que a súa progresión e inmellorable.Tamén foi quen de acadar un meritorio podium Germán Morenza na categoría de Veterans C o que lle vale de test na sua preparación para a Maratón de Ginebra que desputará en próximas datas. Por outro lado, na clasificación por parellas masculinas, outro ano máis a cor verde tingueu o podium acadando as tres primeiras prazas, e en parellas mixtas o 3º posto con Antonio e Silvia Oimil. Noraboa a todos ¡¡¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario