martes, 15 de outubro de 2013

Club Deportivo Pinarium profeta na súa terra (Pinga Pinga 2013)

Como non ia ser doutro xeito, Club Deportivo Pinarium brilou a gran altura na na IV Edición da Pinga Pinga 2013, na que preto de 300 corredores tomaron a saida en categoría absoluta dos cales, preto de 45 pertenecian ao club de moda do atletismo Galego, que non e outro que Club Deportivo Pinarium. Os resultados dos corredores de categoría absoluta foron moi bos, sendo Club Deportivo Pinarium o primeiro clasificado por clubs, con resultados tan destacados como o 5º posto na xeral absoluta de Diego González Martinez (2ºSenior), 7º posto na xeral do recente fichaxe, o Cangues Orlando Rodriguez Rodriguez (1º veterano), a 3ª posición en categoría Veterana feminina de Silvia Omil. Por outra banda destacar a participación en categorías inferiores, con máis de 400 nenos de todas as categorías, o que fai un total de máis de 700 participantes nesta IV Edición da Pinga Pinga 2013. Destacar o 2º posto acadado nunha destas categorias inferiores (cadete feminina) para a Portuguesa de Club Deportivo Pinarium Eduarda de Sousa Vieira Mendes. Xa para rematar a entrega de trofeos, se deu entrega da coñecida Pinga Pinga (trofeo edición limitada so o alcance dos gañadores da carreira) o membro con máis puntos acadados ao largo da tempada en todas as competicions. Este non foi outro que Iago Morenza Perez, o cal demostrou unha regularidade asombrosa obtendo a súa curta idade moi bos resultados. Completaron o podium deste Km Pinarium José Omil Iglesias (Responsable da sección de atletismo do Club) e Xurxo Rodal, este último co record de carreiras desputadas na tempada, nada menos que a cifra de 38 probas ¡¡ Noraboa a todos ¡¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario